lunes, 9 de abril de 2012

El Violín del diablo

Decidimos cambiar de estilo, e escollimos este trepidante e emocinante libro de misterio, thriller nas etiquetas modernas tomadas do cine. A historia engancha e é emocionante; pero a razón pola que volo propuxen ler é que detrás do seudónimo de Joseph Gelinek escóndese un musicólogo español. Na rede hai moitas teorías acerca de quén pode ser, que desde logo amosa en cada páxina que sabe moito de música e da historia da música. Fixádevos como coa primeira convesa entre o inspector Perdomo e o seu fillo estánnos a explicar toda a etiqueta dun concerto de música clásica que é habitualmente descoñecido para os non habituais. Outro detalle entretido é como nos explica as diferentes relacións entre os músicos dentro dunha orquestra, calquera se coñeza aínda que sexa por riba algunha orquestra desfrutará moito desa descripción non real pero verosimil.

Como anécdota contareivos que Ginette Neveu, a violinista que morreu no accediente de avión existiu realmente.


http://www.lecturalia.com/libro/30331/el-violin-del-diablo



Cando rematamos de ler o libro na clase comentamos que unha das cousas que máis nos gustaba era o feito de que neste libro escoitábase a música, podíamos acceder a todas as músicas que nos propoñían, ao revés que o que pasaba en sonata de amor que quedábamos frustrados ao coñecer só unha descripción literario dunha música que resultaba irreal. Aquí vos deixo unha pequena lista de reproducción dalgúns das obras mencionadas no violín del diablo, si quereis ayudar a completarla, seréis bienvenidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario