lunes, 25 de febrero de 2013

Capricho 24


Nesta segunda parte de Cuarteto de Cuerda a historia céntrase en Carla, a nena ben do grupo e unha das súas violinistas, xunto con Carmen. Durante a obra, Carla está obsesionada con tocar a obra Capricho 24 do compositor Paganini coa fin de convencer á estrita profesora Galiana de que a acepte como alumna. Así mesmo, terá que loitar contra a influencia dunha nai case perfecta e aceptar a marcha do seu pai. A historia da un xiro cando no conservatorio aparece un retrato de Carla, obra do misterioso artista Shurt, ao que ela admira profundamente e tentará averiguar a súa identidade. A medida que avanza a novela, o lector vaise esquecendo da primeira impresión que causa Carla, que pasa de ser unha simple nena ben a ter un carácter moito máis independente e seguro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario