miércoles, 25 de marzo de 2015

Cómo Funciona la Música - Capítulo 5


Neste capítulo David Byrne fálanos de cómo foi o proceso de grabación dos seus discos, centrándose nos apartados tecnolóxicos (e a súa evolución) e as distintas influencias á hora da composición e grabación. Nun principio, alá polo 1977, David Byrne grava coa súa banda o seu primeiro disco, Talking Heads 77 , gravado nun estudio aillando os instrumentos e gravando por pistas. Pouco a pouco a forma de ver a música de Byrne foi madurando e buscou influencias musicais distintas e tratou de innovar a súa música traballando con músicos latinos, utilizando influenzas da música africana, incluso logrou un hit nas discotecas dándolle música os DJs X PRESS-2. A tecnoloxía evoluciona e contanos como foi diminuíndo o custe de grabación ata a posibilidade de ter un estudio en casa modesto, capaz de producir a calidade profesional. Esta vantaxe foi tristemente contrarrestada polo cambio de filosofía no mercado acerca do traballo dos grupos (os discos promocionan actuacións, merchandaising, máis deixaron de ser a fonte principal de ingresos.) Na súa traxectoria profesional David Byrne percorre moitas rutas no mundo da música, dende facer xiras por latinoamérica con agrupacións latinas a grabar enteiramente a música de películas (incluso dirixe True Stories coa cal promociona a súa música) Este tema de Talking Heads chamoume a atención, básase en cadencias de influencia africana e latina e rompe os esquemas de estructura pop de estrofa a estribillo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario