jueves, 24 de mayo de 2012

NOCTURNOS

Nocturnos é un libro de Kazuo Ishiguro que recompila cinco relatos diferentes, todos eles relacionados co mundo da música. Na primeira historia, "El cantante melódico", podemos ver claramente reflexado un mundo de completa ambición e codicia, paralelamente contrastado cun personaxe marcado por unha inocencia e ignorancia tal de non darse conta do que xira ao seu redor. En "Come rain or come shine" reflexa a frustación dun músico que non da obtido o éxito e a súa desesperación convivindo cunha parella de "yuppies". A terceira historia chámase "Malvern Hills", e conta a historia dun guitarrista que vai vagando polo mundo pensando o desgraciado que é, sempre á sombra dun grande, John Elgar. A cuarta historia, "Nocturno", trata dun saxofonista que, despois da suxerencia da súa compañeira, opérase a cara para "obter así máis éxito". Na sala de rehabilitación do hotel ao que o mandaron irase a atopar cunha sorpresa moi inesperada para o protagonista. Por último, en "Violonchelistas", refléxase como un músico é aconsellado por unha antiga violonchelista, que neste caso faría o papel da "voz da experiencia". Dille que si quere prosperar e chegar a ser un gran chelista, tería que facerlle única e exclusivamente o que dicía ela. Na súa infancia ela era unha virtuosa da música, pero deixouno porque pensaba que os seus mestres estaban atrofiando o seu talento. Faralle caso este músico a esta descoñecida? Logrará prosperar si isto é certo? Convertirase nun virtuoso da música ou, polo contrario, non fará caso das súas obxeccións e fracasará por completo? Neste libro están constantemente os temas do amor, o tempo, a xuventude, o éxito, o fracaso... Penso ao estar lendo "Nocturno" pódense sacar moitas conclusións respecto o mundo da música, e non só iso, senón da vida en si. Penso que non ten desperdicio algún, e animo a todo aquel que queira a mergullarse neste libro. O autor, de orixe xaponés, trasladouse a Londres aos seis anos, polo que non contamos con temáticas orientais propias do seu país natal. O autor é coñecido polo súa obra "Lo que queda del día" que foi adaptada ao cine polo director James Ivory, para coñecer máis sobre a súa vida e a súa obra, podes visitar a biografía de Kazuo Ishiguro Paula♪♫

No hay comentarios:

Publicar un comentario