jueves, 31 de mayo de 2012

Una Música constante Seth Vikram

Unha obra desas que te deixan sen respiración, coas que disfrutas dende que soa a primeira nota ata que o sons dos aplausos te baixan da nube ; despertar o seu carón, sentir a súa respiración que te afoga no máis fondo dos mares ; un novo disco, ese que tanto deseaches ; collidos da man pola praia a diante, comedesvos o mundo con so unha mirada, desas que din máis que mil palabras ; intermedio da primeira parte do concerto, logo terás que interpreta o "arte da fuga " ; Ela espérate para cear, sentes que a amas o igual que sentes que amas a música ... ; Cando Michael comezaba a "amar" o seu violín, ela apareceu, o amor da súa vida, tanto beleza , como seguridade , como musicalidade, el comezouna a querer; comezou a amala, como sabía que nunca ía deixar(...) Neses tempos tiña os seus dous amores, o violín , e tiña a ela; Julia. Sen embargo o medo venceuno, e foise, deixouna, ali, o amor da súa vida, na cidade da música, deixou unha parte del que sabía que iva votar en falta toda a vida. Pero cando alguén está destinado a ti, volverá; e dicir, a vida fará que vos atopedes . Así foi, viuna naquel bus, logo recoñeceu os seus xestos, logo a reconoceu. Comezaron así a ser amantes, algo os separaba e unía o mesmo tempo, separábaos a familia de Julia, xa que está casada, pero esta sabía que Michael era a única persoa que podía axudala a sentir a música apesar da súa xordeira . Amáronse, pero non como adolescentes encaprichados, nin coman parexas enamoradas, non, dunha forma diferente, ambos sabían que o día seguiente cada un volvería a sua "vida". El estivo a punto de perder o seu violín, como a perdeu a ela un día , xa fai anos . Pero o dito antes, cando algo ou alguén está destinado a ti, ese algo, vai acabar estando contigo, e así foi, o violín quedou con el, pero ela non, foise... e con ela as noites que pasaron xuntos, a súa xuventude en Venecia,o seu cuarteto; a arte da fuga... Ela xa non é del, pertence a outro home, pola contra o violín sempre estará con el, como estivo onte, hoxe e estará maña, quizais a música sexa máis forte que calquera outra da paixons, quizáis. (...)
Unha" música constante" é probablemente a obra máis persoal de Vikram Seth ata a data, unha novela que non nos deixa indiferentes pois nos fala das armas que utilizamos para derrotar ao tempo, da ambigüedad do triunfo e do fracaso, da dificultade de ser nós mesmos e entregar unha parcela do noso eu aos demais,das renuncias que habemos de facer para transcorrer polo mundo sen sufrimentos, deste lastre ineludible que é o pasado e da necesidade de soltalo para sobrevivir. É tamén unha aceirada e sarcástica visión do ambiente musical londinense, cheo de críticos fatuos, axentes histéricas, afeccionados toleados e luthiers sabios. E é por fin, esa lúcida e desencantada visión da Europa do fin do milenio que só unha intelixencia afiada e non-europea podía levar a cabo. Aquí deixo algunhas páxinas relacionadas co libro : clubcultura unavocepocofa
Noelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario