lunes, 25 de junio de 2012

MORIR A LOS 27

Na segunda avaliación limos un libro que nos apeteciu a todos polo título. O seu autor xa nos era coñecido, e sabíamos que creaba tensión, aínda que obviaba un pouco a linguaxe literaria máis elaborada. Os outros libros gustábannos porque era evidente que estabamos ante alguén que sabía de música clásica. Preguntábanos que tal se desenvolvería na música pop, e sorprendeunos un título tan premonitario,
publicado antes da morte da última estrela que nos abandonou aos 27.



 O libro atrapounos, aínda que ao final quedounos a sensación de que xa está...como moitos bestsellers, aínda así, encantounos a capacidade da análise de Joseph Gelineck para analisar as características das etiquetas dos diferentes lugares da música, se explicounos os entresixos dunha orquestra o do mundo da musicoloxía, aquí explícanos toda a parafernalia, fetichismo e sentimentos verdadeiros que rodean ao Rock



 


 Deixovos un interesante enlace ao blog de Gelineck

No hay comentarios:

Publicar un comentario